Lúas de Outono devolve a Manuel María á Coruña

O Teatro Rosalía acolle mañá esta homenaxe ao poeta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Lúas de Outono devolve a Manuel María á Coruña

De volta no Teatro Rosalía de Castro, A Coruña acolle unha nova edición da homenaxe anual a Manuel María. O Lúas de Outono deste ano celébrase mañá, mércores 16 de setembro coa música de Pepe Vaamonde Grupo, que presentará dúas pezas feitas a partir de poemas do autor e mais o seu novo disco, Nas pedras do lar. Canda a eles, Marta Dacosta, Miguel Anxo Fernán Vello e Xulio Valcárcel achegarán o elemento poético a esta conmemoración do vindeiro homenaxeado co Día das Letras Galegas.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Teatro, Marta Dacosta, Miguel Anxo Fernán Vello...