Logo da homenaxe a Manuel MarÃa na Coruña, que se celebrou o pasado dÃa 13, a Fundación que leva o nome do poeta acaba de facer un triple lanzamento arredor do poeta. Un libro, CD e DVD que amosan diferentes achegamentos á poesÃa do homenaxeado. Os lonxes do solpor é un poemario inédito que recolle 33 composicións sen tÃtulo elaboradas a finais dos anos 80. Canda a el, distribúese o disco Andando a Terra, no que UxÃa interpreta doce versións musicadas dos versos de MarÃa. A completar o lote, inclúese un DVD co filme De amor e canterÃa, realizado por Pixel Films sobre Guión de Anxa G. Refoxo, que parte do poemario Sonetos á Casa de Hortas e que levou o premio Mestre Mateo á mellor produción experimental en 2011. O conxunto sae á venda a un prezo de 20 euros.