A Coruña e a Terra Cha lembran a Manuel María cando se cumpren sete anos do seu pasamento

O Teatro Rosalía acolle o mércores unha proxección audiovisual e un concerto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O xoves cúmprense sete anos do pasamento de Manuel María. Unha efeméride que festexarán con música e audiovisual no Teatro Rosalía. Alí Anxa G. Refoxo presentará "De amor e cantería", unha recreación audiovisual dos poemas de "Sonetos á casa de Hortas" nos que o autor chairego expresa a significación que para el tivo a súa casa natal en Outeiro de Rei. A proxección completarase coa actuación musical de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, que estrearán cinco pezas sobre poemas de Manuel María. Non é a única homenaxe prevista, o propio xoves na súa Terra Cha natal haberá outro acto de homenaxe que inclúe desde un recital de poestía, outro musical e un xantar.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Terra Cha, Teatro, A Coruña...

Claves

Conceptos