Un novo libro achega a figura de Manuel María ás crianzas

Xerais publica Manuel María. Vida, versos e rebeldía de Manuel Veiga e Xosé Lastra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un novo libro achega a figura de Manuel María ás crianzas

Un repaso biográfico pola vida do poeta e mais unha antoloxía poética infantil. Esta é a proposta que fan Manuel Veiga e Xosé Lastra en Manuel María. Vida, versos e rebeldía. O libro que acaba de publicar Xerais conta con ilustracións de Nuria Díaz e pretende ser unha aproximación para os máis novos da vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas neste 2016. Segundo explica a presentación editorial "este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un. Trátase dun relato engaiolante da súa vida cotiá, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, mais tamén é un fermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor, xornalista...".

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Manuel Veiga, Xosé Lastra, Manuel Veiga...