Últimas páxinas para Díaz Castro

A USC, La Voz de Galicia e o Ramón Piñeiro presentan as súas publicacións sobre o poeta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Publicación da USC sobre Díaz Castro

Publicación da USC sobre Díaz Castro

A piques de chegar o Día das Letras, están a se presentar as máis recentes publicacións que teñen como protagonista a Xosé María Díaz Castro. A sede da Real Academia Galega acollía onte a presentación de Xosé María Díaz Castro, para alumear o mundo, o volume que La Voz de Galicia lle dedica ao poeta. A obra, escrita por Luís González Tosar, recolle unha escolma de versos do autor canda a un repaso da súa vida.

Pola súa banda a Universidade de Santiago daba a coñecer a publicación Xosé María Díaz Castro. Día das Letras Galegas 2014. O volume recolle o facsímile de Follas Verdes, un manuscrito de mocidade do autor que estaba inédito ata o momento e mais a antoloxía poética Galiza-Galice. Carmen Blanco, Xosé Manuel Salgado e Armando Requeixo participan no volume con cadanseu artigo sobre o autor e o seu traballo.

Finalmente, tamén o Centro de Investigacións Ramón Piñeiro presentaba onte unha entrega dos seus Cadernos dedicada ao poeta. Co título Nimbos: cáliz fervendo, o número XXIX da publicación recolle vinte e catro traballos centrados na vida e na obra do autor.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Xosé María Díaz Castro, Xosé María Díaz Castro, Ramón Piñeiro...