Galaxia anuncia a publicación da Poesía galega completa de Díaz Castro

Tamén editará Nimbos e mais Xosé María Díaz Castro. Vida e obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Tres publicacións sobre Xosé María Díaz Castro conmemorarán desde a editorial Galaxia o Día das Letra dedicado ao poeta chairego. Así, segundo anunciou a firma, verá a luz a Poesía galega completa do autor, un tomo que recolle os textos xa publicados Nimbos e mais o tríptico Nascida d’un sono. Ademais, na obra recolleranse preto de trinta poemas ata o momento espallados por revistas e obras colectivas, ademais de material inédito como os poemarios Follas verdes (1934) e Follas ô aire (1935), entre outros textos non publicados anteriormente.

A edición do volume correrá a cargo de Armando Requeixo, que asmiesmo asina a obra Xosé María Díaz Castro. Vida e obra, que está previsto que vexa a luz tamén este ano. A maiores, a editorial adianta que publicará por separado poemario Nimbos a partir da mesma edición de Requeixo para a poesía completa.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Xosé María Díaz Castro, Xosé María Díaz Castro, Editorial Galaxia...