O Consello da Cultura recupera o Díaz Castro tradutor e o poeta

Cartafol de traducións e outros poemas recolle textos inéditos do autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Consello da Cultura recupera o Díaz Castro tradutor e o poeta

Unha obra que "integra as dúas grandes paixóns da vida de Díaz Castro, a tradución e a poesía". Así definía Armando Requeixo o libro Cartafol de traducións e outros poemas, a obra que el compilou e que presentou esta mañá o Consello da Cultura Galega. O volume recolle o textos e mais as reproducións facsimilares de traducións poéticas de autores como Rilke, Lamartin ou Victor Hugo feitas polo homenaxeado no Día das Letras, así como traducións dos seus propios poemas e aínda textos escritos por el directamente noutras linguas. Ademais, a obra tamén recolle un estudo introdutorio de Armando Requeixo sobre o autor.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Armando Requeixo, Poesía, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas
Conceptos