Através Editora publica unha antoloxía poética de Carballo Calero

O volume recolle textos de toda a carreira literaria do homenaxeado co Día das Letras 2020

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Através Editora publica unha antoloxía poética de Carballo Calero

Co Día das Letras Galegas que se lle dedica a Ricardo Carballo Calero no horizonte, Através Editora acaba de tirar á luz Antologia da poesia em galego, um volume que repasa a produción poética do autor. A selección, realizada por Paulo Fernández Mirás e prologada por Carmen Blanco, recolle poemas desde o seu libro Vieiros (1931) ata Reticências... (1990). Segundo explica a editora, a selección de textos pretende, para alén de amosar a calidade do autor como poeta "também achegar fragmentos da sua vida feitos poesia". O volume, de 239 páxinas está á venda a un prezo de 15 euros.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Calero, Carballo, Ricardo Carballo Calero, Carmen Blanco...