O Liceo de Ourense acolle a presentación do libro-CD Cantando a Carballo Calero

José Luís Fernández Carnicero asina as adaptacións de poemas do homenaxeado no Día das Letras de 2020

A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de presentar a edición en libro CD de Cantando a Carballo Calero. O álbum recolle dezaseis versións musicadas de poemas do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2020, nove das cales xa se fixeran públicas no Portal Galego da Língua durante 2020. José Luís Fernández Carnicero foi o responsable da adaptación e da interpretación das músicas ao piano, con voz de Xico Paradelo na formación Agualevada.

O libro inclúe unha introdución a cargo de Isaac Alonso Estraviz e outra do propio compositor, un estudo sobre Carballo Calero e a música a cargo de José Martinho Montero Santalha e mais explicacións sobre cada un dos temas, coa partitura e propostas para a adaptación didactica do material.

O proxecto preséntase ás 20 horas deste 18 de marzo no Liceo de Ourense. O acto, para alén do dúo Agualevada, contará coa presenza do presidente do Liceo de Ourense, Xabier Casares Mouriño, do Secretario Xeral Política Lingüística, Valentín García Gómez, e de Isaac Alonso Estraviz.