Novas iniciativas achegan a figura de Carballo Calero a través de vídeos

O Portal Galego da Língua e LinguagalegaTV recollen entrevistas sobre o homenaxeado no Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Novas iniciativas achegan a figura de Carballo Calero a través de vídeos

Coa intención de dar a coñecer a figura de Ricardo Carballo Calero, protagonista do Día das Letras Galegas desde 2020, dúas iniciativas están a lanzar na rede unha serie de entrevistas sobre o profesor. Deste xeito, o Portal Galego da Língua anuncia a vindeira publicación de 17 vídeos na serie Carvalho em pessoa. O web Carvalho2020.gal recolle estas producións, e ten xa publicado un vídeo no que Reimunde Norenha, discípulo de Carballo e autor do libro O Cativeiro de Fingoi retrata a etapa do homenaxeado en Lugo, a repasar "como se sentia e como era Carvalho Calero no seu espaço afectivo e social", segundo explica o PGL.

Siña Fernández e Marcos Fernández, Carmen Herrero, Pepa Carro, J. Carlos Teijeiro, Manuel Sánde, Adela Figueroa ou Araceli Herrero protagonizarán as vindeiras entregas da serie.

Do mesmo xeito, tamén a canle de Youtube LinguagalegaTV, que mantén Acuarela Comunicación co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, estrea este mércores 8 de abril unha entrevista con Henrique Da Costa. O autor da biografía Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético fala sobre a figura do homenaxeado. Á súa seguirán outras entrevistas realizadas en liña durante o confinamento.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo, Carballo Calero, Carvalho Calero, Ricardo Carballo Calero...