Através Editora lanza a antoloxía Para pensarmos a língua de Carballo Calero

O Portal Galego da Língua anuncia a publicación de nove poemas musicados do autor

Unha selección de textos para amosar as opinións de Ricardo Carballo Calero sobre o galego. Esta é a proposta que fai Através Editora coa súa publicación Para pensarmos a língua, que acaba de saír do prelo. Diego Bernal e Xoán Lagares correron coa selección de artigos do homenaxeado no Día das Letras coa intención de "pensar a língua com Carvalho Calero, partindo dos seus conhecimentos e reflexons, da sua experiência de velho galeguista, republicano e liberal, que resistiu a vida inteira a todas as formas de autoritarismo", segundo adianta a editora.


En paralelo, o Portal Galego da Língua adianta o lanzamento de nove adaptacións musicadas de poemas de Carballo. José Luís Fernández Carnicero corre coa composición e interpreta ao piano estas pezas, que contan coa voz de Xico Paradelo. Fiestra ao mar, Saudade dunha voz, Enviarei-te esta cançom, Água e carbono, Reticências, María Silêncio, Romeu, Ai as perguntase Saudade dum pasado son os títulos que fan parte deste traballo e que se publicarán de xeito íntegro na rede.