Xerais lanza as súas biografías divulgativas sobre Carballo Calero

Henrique Dacosta e Héctor Cajaraville asinan as monografías

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Xerais lanza as súas biografías divulgativas sobre Carballo Calero

Edicións Xerais acaba de publicar as primeiras biografías sobre Ricardo Carballo Calero, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Henrique Dacosta asina a biografía Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético, publicada na súa colección LibroX e destinada a todos os públicos. Pola súa banda, Héctor Cajaraville é o autor de Ricardo Carvalho Calero. A `pegada do compromiso, na colección Merlín, un libro que inclúe unha semblanza biográfica e da obra do autor, pero que ademais engade sete pequenas pezas teatrais da autoría de Cajaraville sobre "momentos concretos da vida do intelectual galeguista".

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Calero, Carballo, Henrique Dacosta, Héctor Cajaraville...