Xerais lanza a biografía de Antonio Fraguas para público xuvenil

Héctor Cajaraville asina Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xerais lanza a biografía de Antonio Fraguas para público xuvenil

As primeiras publicacións con gallo do Día das Letras Galega 2019 comezan a ver a luz. Edicións Xerais acaba de anunciar o lanzamento de Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo, unha obra na que Héctor Cajaraville repasa a traxectoria do autor homenaxeado este ano o 17 de maio. Inserida na colección Merlín para lectores a partir de 11 anos, a publicación recolle a biografía de Fraguas co acompañamento de fotografías, ilustracións de Evaristo Pereira e textos do propio homenaxeado a repasar momentos da súa vida ou persoeiros que coñeceu. Ademais, o libro inclúe unha cronoloxía e unha bibliografía do autor.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Fraguas, Héctor Cajaraville, Edicións Xerais

Claves

Entidades