Lela Edicións lanza unha BD biográfica de Carballo Calero

Miguel Pérez Ramudo asina os debuxos desta obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Lela Edicións lanza unha BD biográfica de Carballo Calero

Unha banda deseñada para público a partir dos seis anos a repasar a vida e traxectoria de Ricardo Carballo Calero. Esta é a proposta de Lela Edicións para lembrar o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. A obra, con guións de Polo correo do vento e debuxos do debutante Miguel Pérez Ramudo preséntase como unha "Pequena biografía de Don Ricardo Carvalho Calero: Ensinante, estudoso e investigador da nosa cultura". Os autores fan un repaso vital no que Carballo está acompañado polo seu alter ego Scórpio, protagonista da súa principal achega no campo da narrativa.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo, Carballo Calero, Ricardo Carballo Calero, Carvalho Calero...