Hércules Edicións presenta De Carballo Calero a Carvalho Calero

O volume didáctico recolle diferentes actividades e lecturas sobre o homenaxeado no Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Hércules Edicións presenta De Carballo Calero a Carvalho Calero

De Carballo Calero a Carvalho Calero. Biografía, escolma de textos, guías de lectura, actividades e xogos é a proposta que fai Hércules Edicións polo Día das Letras Galegas que se lle dedica ao autor. Charo Baleirón, Marta Domínguez e Belén Rodríguez Suárez asinan este volume didáctico no que se recollen "unha breve biografía e unha cronobiografía, unha escolma de textos acompañada dunha guía de lectura que axuden á súa mellor comprensión, un `Paso a palabra´ e o xogo-escapada `A caixa de Don Ricardo´, que nos levará a percorrer Ferrol descifrando enigmas ata conseguirmos abrir esa misteriosa caixa".

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Carballo Calero, Carballo, Guía...