Ir Indo publica Ricardo Carvalho Calero. Unha vida pola Galiza e o galego

Paulo Fernández Mirás asina esta biografía do homenaxeado no Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Ir Indo publica Ricardo Carvalho Calero. Unha vida pola Galiza e o galego

Ricardo Carvalho Calero. Unha vida pola Galiza e o galego é o título da biografía sobre o homenaxeado no Día das Letras 2020 que acaba de chegar ás librarías. Paulo Fernández Mirás asina esta obra, publicada na colección de biografías de Ir Indo e que explora a vida do galeguista "tanto a nivel de experiencias vitais como de obras publicadas", segundo sinala o autor, nun cento de páxinas pensadas principalmente para alumnado de Bacharelato. Textos e documentos do autor e sobre el revelan un percurso vital no que Fernández Mirás salienta o papel de Carballo na normativización da lingua. Como descuberta, o autor destaca que nas súas investigacións, o homenaxeado "contrariamente ao que dicían algúns estudosos, si fixo parte do equipo que traballou nas normas do galego do Seminario de Estudos Galegos".

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Bacharelato, Seminario de Estudos Galegos, Carballo...

Claves

Protagonistas
Lugares