Dúas obras afondan no coñecemento sobre Fernández del Riego

Ramón Nicolás asina unha biografía para Xerais e Anxo Rajó actualiza para Ir Indo a que fixera Franco Grande

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Dúas obras afondan no coñecemento sobre Fernández del Riego

O corpus editorial sobre Francisco Fernández del Riego amplíase antes da celebración do Día das Letras Galegas coas publicacións que engaden as editoriais Xerais e Ir Indo. Ramón Nicolás asina "Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo" para Edicións Xerais, unha biografía divulgativa sobre o autor homenaxeado das Letras Galegas 2023 para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX. Pola súa banda a editorial Ir Indo, capitaneada por Bieito Ledo, recupera a biografía "Francisco Fernández del Riego, galeguista de acción e cultura" que o falecido Xosé Luís Franco Grande fixera no ano 2000, e presenta unha edición revisada e aumentada coa colaboración do profesor Anxo Rajó (Vigo, 1973), na que engade todo o relativo á ultima década de actividade do homenaxeado este ano polas Letras, falecido en 2010.

Que che parece esta nova?
125 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Fernández del Riego, Ramón Nicolás, Xosé Luís Franco Grande, Día das Letras Galegas...