Co gallo da vindeira celebración do DÃa das Letras Galegas 2023 dedicado a Francisco Fernandez del Riego a editorial Galaxia, da que foi un dos seus fundadores, ven de crear a Biblioteca Fernandez del Riego que ao longo do ano que vén acollera un feixe de publicacións do propio homenaxeado entre toda a súa produción memorialista, de viaxes e ensaÃstica. A Biblioteca inaugúrase co volume "Con Pondal en Bergantiños", que se presentará a próxima semana na Fundación Eduardo Pondal en O Couto, Ponteceso. Neste libro Fernández del Riego fai un percorrido pola vida e obra de do "poeta solitario que canta o mar e a costa brava" de Bergantiños. Nesta mesma biblioteca, xa para o ano que vén, se publicarán dous inéditos do autor, "Diario da guerra", con prólogo de Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia Contemporánea da USC, textos nos que Fernández del Riego conta en primeira persoa o seu devir como combatente durante a Guerra Civil. E tamén, "Memoria do ParÃs literario", unha obra na que pasea polos cafés parisienses e a literatura francesa, en edición da profesora Malores Villanueva. Esta mesma autora, gran coñecedora da obra e vida do homenaxeado, publicará a biografÃa completa e documentada sobre o homenaxeado na colección Letras galegas.
Ademais de todo isto, dentro da Biblioteca Fernandez del Riego Galaxia sacará do prelo en xaneiro de 2023 o libro, "Lourenzá", obra na que Fernández Del Riego homenaxea e rende tributo a súa benquerida terra natal. Ao anterior seguirán tres reedicións de tres libros fundamentais na súa produción. "Camiño andado", autobiografÃa, pero tamén crónica dun tempo, dunha xeración e dunha esperanza, onde asume a experiencia dos anos para percorrer, agora na memoria. "O rÃo do tempo", outro exercicio memorialista. E finalmente, "A xeración Galaxia", a narración da aventura cultural e polÃtica protagonizada por un feixe de homes que nos anos máis escuros do franquismo loitaron pola supervivencia da identidade de Galaxia. A Biblioteca completarase con "Loitando pola Galicia que non foi", edición do historiador Justo Beramendi, e Fernandez del Riego e a Arte,a cargo da historiadora da arte Beatriz Liz de Cea.