A Editorial Galaxia pon o broche final aos seus lanzamentos polo DÃa das Letras a recuperar un novo tÃtulo do homenaxeado. Loitando pola Galicia que non foi, recolle unha selección de artigos e conferencias realizados por Francisco Fernández del Riego entre 1932 e 1936. O volume conta con edición de Justo Beramendi, que asina ademais un estudo introdutorio no que analiza a ideoloxÃa, a produción en prensa e as actuacións polÃticas e culturais do autor desde a súa incorporación ao nacionalismo galego en 1931.
A mesma editorial tirou do prelo, co apoio do Consorcio de Santiago, Compostela póla florida. Este volume recolle unha selección de fragmentos da obra de Del Riego protagonizados pola capital galega, de xeito directo ou como marco de acción, artellada nos apartados "A descuberta da cidade", "A Compostela apostólica", "O Santiago letrado" e "Semblanzas en Compostela".
O Consorcio apoiou tamén o lanzamento de De Compostela ao exilio interior: Francisco Fernández del Riego, de Antón Mascato e publicado por Alvarellos Editora. O volume percorre a biografÃa do homenaxeado no DÃa das Letras de 2023 a prestar unha especial atención á súa estadÃa en Compostela. Ademais, o texto compleméntase cunha ampla fotobiografÃa do protagonista, que recolle máis de 200 imaxes e ilustracións.
A apoiar a conmemoración, a SecretarÃa Xeral de PolÃticas LingüÃstica abre este 20 de abril a IX Xornada do DÃa das Letras Galegas. Esta iniciativa, que continuará os vindeiros 27 de abril e 4 de maio, combina a presentación de experiencias dos equipos escolares de dinamización da lingua arredor do autor con relatorios a cargo de VÃctor F. Freixanes, Malores Villanueva, Armando Requeixo, Ramón Nicolás, Patricia Arias ou Héctor Cajaraville arredor de diferentes aspectos da vida e da obra da homenaxeado.