Unha BD retrata a vida de Fernández Del Riego

Antón Mascato e Pepe Carreiro asinan Francisco Fernandez Del Riego, o home que valía por mil

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Unha BD retrata a vida de Fernández Del Riego

A editorial Galaxia continúa cos seus lanzamentos arredor do Día Das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernandez Del Riego. A última novidade é unha biografía en banda deseñada con guión de Antón Mascato e debuxos de Pepe Carreiro. Francisco Fernandez Del Riego, o home que valía por mil é o título deste álbum que repasa "dun xeito maxistral e desenfadado, mais tamén rigoroso" a vida e a obra do homenaxeado este 17 de marzo en 36 páxinas.

Segundo sinala a presentación a obra, a repasar a variedade cargos e fitos biográficos do protagonista, apunta que foi "escritor, divulgador, coleccionista de arte, bibliófilo... E aínda tivo tempo para gozar da vida", para concluír que "Pois si, semella que Francisco Fernández del Riego foi un home que valía por mil!". A editorial sinala que a obra está especialmente orientada a alumnos de primaria e de ESO.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Mascato, Pepe Carreiro, Guión, Día das Letras Galegas...