Novos documentais exploran a figura de Francisco Fernández del Riego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a RAG presentan audiovisuais sobre o homenaxeado no Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Novos documentais exploran a figura de Francisco Fernández del Riego

Cando se achega o dezasete de maio, continúan a aparecer novas propostas audiovisuais que teñen como protagonista a Francisco Fernández Del Riego, homenaxeado neste Día da Letras. Deste xeito, a Secretaría Xeral de Política Lingüística daba a coñecer esta semana no seu web o documental Fernández del Riego. Letras Galegas 2023. Esta produción de 17 minutos parte dunha proposta de José A. Vázquez Taín narrada por Luís Iglesias e elaborado pola produtora Amarola.

Do mesmo xeito, este departamento da Xunta facíase eco doutro documental. O equipo de dinamización da lingua do CPR Miralba presentou Don Paco, un dos nosos, unha produción de media hora que repasa a figura do homenaxeado a través de testemuños como a irmá do autor, Ana María, que foi docente deste centro, canda a achegas do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, o director de Galaxia, Francisco Castro, ou a investigadora Malores Villanueva, entre outras.


A Real Academia Galega, pola súa banda, completou a publicación no seu web do proxecto Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu. Este documental, artellado en seis episodios, percorre ao longo de 90 minutos e da man de diferentes testemuños a vida do homenaxeado desde o seus anos de mocidade, con guión de Belén Rivero e dirección de Damián Varela.

A RAG, ademais, compilou no seu web diferentes proxectos audiovisuais arredor do autor, como vídeos musicais e outras homenaxes que desenvolveron diferentes centros de ensino e activistas culturais.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O galeguista incansable

O galeguista incansable

O polifacético Francisco Fernández del Riego protagonizará o Día das Letras de 2023

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Fernández del Riego, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Documentais...