A coincidir co sesenta aniversario do primeiro Día das Letras Galegas, do que foi inspirador, e cos cento dez anos do seu nacemento, Francisco Fernández del Riego será a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2023. Así o decidiu o pleno da Real Academia Galega este sábado 9 de xullo, a lembrar ao que fora presidente da entidade como "unha das figuras centrais do galeguismo progresista e clave da resistencia no exilio interior durante o franquismo, cunha traxectoria polifacética e prolífica que abrangueu dende a política, a creación e crítica literaria á edición".
Nado en Lourenzá en 1913, o ronsel que Francisco Fernández del Riego deixou na cultura galega é longo e ben fondo. Membro do Partido Galeguista, secretario xeral da Federación de Mocidades Galeguistas e, posteriormente, parte do Seminario de Estudos Galegos, comezou ben cedo un intenso activismo político e cultural que acabou por vencellar o seu nome ás iniciativas culturais do século XX no noso país. Fundador e director da editorial Galaxia, da Fundación Penzol ou da Revista Grial, o nome de Francisco Fernández del Riego, Don Paco, é un dos máis destacados entre aqueles que na posguerra configuraron o panorama literario e cultural galego.
Malia a sufrir as represalias do franquismo logo da Guerra Civil, Del Riego conseguiu manterse como un referente do galeguismo interior e desenvolveu un intenso labor de dinamización e diálogo tanto no campo literario como no político, a actuar ademais como unha ligazón fundamental coa Galicia exterior. Como editor contribuíu de xeito decisivo a configurar o campo literario galego da segunda metade do século pasado, a recuperar para as letras nomes da preguerra e incorporar novas sinaturas para as nosas letras.
O seu perfil polifacético chegou tamén ao ámbito da creación, en particular no campo do ensaio, onde asinou unha multitude de obras con títulos como Galicia no espello (1954), Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores (1973), Historia de la literatura Gallega (1951), ou múltiples escolmas poéticas, ademais de volumes dedicados a diferentes nomes das nosas letras como Cunqueiro, Blanco Amor, Otero Pedrayo ou Ánxel Casal. Cultivou tamén a literatura de viaxes e, en menor mediada, a ficción narrativa con títulos como O cego de Pumardedón (1992) ou Na espera do amigo (1994).
Foi ademais un incansable articulista con colaboracións destacadas en todo tipo de publicacións desde o comezo do seu compromiso galeguista. La Noche, Galicia, Galicia Emigrante, Vieiros, Vida Gallega, Heraldo de Galicia, Nós, Grial, El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Vallibria ou Industrias Pesqueras son algunhas das cabeceiras que recibiron as súas colaboracións, moitas baixo os pseudónimos Adrián Solovio, Adrián Soutelo ou Salvador Lorenzana, por mor da represión franquista. Neste ámbito, a súa participación foi fundamental para que o xornal La Noche se convertese nun bastión do galeguismo cultural durante os anos 50. Nos seus últimos anos cultivou o xénero das memorias cos volumes O río do tempo. Unha historia vivida(1990) e Camiño andado: memorias 2003).
Dáse a circunstancia que o propio Del Riego foi promotor da instauración do Día das Letras Galegas en 1963 como membro da Real Academia Galega. Con posterioridade, como presidente da institución, desenvolveu un papel fundamental na súa modernización e activación entre 1997 e 2001. A propia RAG apunta que o seu mandato "significou un cambio radical nas actividades desta institución, que se reactivaron significativamente e, sobre todo, se axeitaron aos novos tempos que estaban a vivir Galicia e o mundo".
Entre os numerosos recoñecementos que recibiu en vida destacan galardóns como o Premio Trasalba, a Medalla Castelao, a Medalla de Ouro de Galicia, o Premio das Artes e das Letras de Galicia, o Pedrón de Ouro ou o Premio Otero Pedrayo. Del Riego faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.