A RAG comeza a súa actividade sobre Carballo Calero

O web da institución acolle un espazo sobre vida e obra do homenaxeado no Día das Letras de 2020

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Carballo Calero na RAG

Carballo Calero na RAG

O web da Real Academia Galega abriu o seu espazo dedicado a Ricardo Carballo Calero, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2020. Henrique Monteagudo asina un texto biográfico no que pon de relevo a importancia do autor como investigador da literatura galega contemporánea e fai un repaso da súa vida e obra. Tamén o presidente da RAG, Víctor Freixanes, publicou no web da institución un artigo sobre o homenaxeado, no que apunta que para alén do seus méritos como filólogo, "a súa obra literaria merece atención como novelista, como poeta, como ensaísta e dramaturgo, e a súa vocación docente deixou pegada en varias xeracións: nas aulas do Colexio Fingoi en Lugo e nas aulas universitarias despois".

En paralelo, a entidade adiantou a celebración do seu plenario do 17 de maio en Ferrol, así como o vindeiro lanzamento do web divulgativo Primavera das letras e o xa habitual simposio sobre a figura homenaxeada no vindeiro outono.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Calero, Carballo, Ricardo Carballo Calero, Henrique Monteagudo...