A recoller os diferentes contidos que sobre Ricardo Carballo Calero foi producindo ao longo do último ano, a Real Academia Galega acaba de publicar un novo sitio web dedicado especificamente ao autor. O espazo achega unha biografÃa, un repaso da obra, os vÃdeos da iniciativa Unha palabra para don Ricardo, entrevistas, audiovisuais, recursos e ligazóns arredor do homenaxeado no DÃa das Letras Galegas de 2020. A institución anunciou ademais que este novo web é un adianto de como será o seu futuro espazo na rede, cunha imaxe renovada e a transmisión en liña das principais actividades da institución.
Precisamente, o web dedicado ao autor acollerá as retransmisións ao vivo das mesas do Simposio Carballo Calero, principal cita académica arredor do protagonista desta celebración. O encontro anual para reflexionar sobre o autor homenaxeado no DÃa das Letras modifica o seu formato habitual por mor da pandemia e desenvolverase no propio salón de actos da Real Academia Galega os xoves 8, 15, 22 e 29 de outubro en sesións que comezarán ás 19 horas.
Unha mesa dedicada a analizar o autor no seu tempo abrirá este encontro o dÃa 8 coa presenza de
Justo G. Beramendi, Carmen Blanco e José-Martinho Montero Santalha, coa moderación de Ramón Villares. Na sesión do dÃa 15 trataranse os estudos literarios do profesor da man de Dolores Vilavedra, Alberte Valverde e MarÃa Pilar GarcÃa Negro, mentres o dÃa 22 Pilar Pallarés, Laura Tato e Henrique Rabuñal debaterán sobre a súa creación literaria. Finalmente o 29 de outubro
Henrique Monteagudo, SerafÃn Alonso Pintos e Eduardo Maragoto tratarán as súas ideas e achegas sobre o idioma.
Canda a estas novidades, a RAG elixiu no plenario que celebrou o pasado 2 de outubro o filólogo Xavier SenÃn como académico correspondente da institución. A entidade destaca entre os seus méritos o de ser "unha das figuras máis destacadas na tradución ao galego, con máis de cento cincuenta volumes publicados en numerosas editoriais" a incluÃr os álbums de Astérix ou unha versión do Quixote. Ademais, segundo recolle a RAG, o seu novo membro "exerceu un apoio decidido ao libro galego como subdirector xeral do Libro e Promoción Cultural da Xunta de Galicia entre 1987 e 2006".