A Real Academia Galega (RAG) ven de presentar a actualización do seu programa e sitio web "Primavera das Letras" co que dan inicio ás actividades didácticas enfocadas cara ás crianzas de educación infantil e primaria sobre Ricardo Carballo Calero, o escritor homenaxeado no DÃa das Letras Galegas deste 2020. O sitio web ofrece material lúdico e didáctico relacionado co escritor para facilitar o achegamento á súa vida e obra e entender mellor a súa relevancia na cultura galega. O recurso inclúe propostas de actividades a realizar e fichas para aprender xogando. Ademais a RAG a través desta ferramenta convoca o certame 'Contádenos o voso DÃa das Letras', un espazo de participación para que os centros escolares de toda Galicia relaten como celebran o 17 de maio. O obxectivo é promover e festexar as Letras durante toda a primavera.