O CEIP Xosé Manuel Folla Respino, de Vilamartín de Valdeorras, acollía este 22 de marzo a presentación da Primavera das Letras. O programa didáctico que cada ano artella a Real Academia Galega para centros de ensino ten xa na rede os seus materiais. Unha biografía asinada por Ledicia Costas, ilustracións de Blanca Millán, actividades didácticas, vídeos, unha selección de recursos sobre o autor ou o concurso Contádenos o voso Día das Letras fan parte do proxecto.
Segundo destacou o presidente da Academia, Víctor F. Freixanes na presentación do proxecto, "estas son as primeiras Letras Galegas nas que a Academia mira cara a unha parte moi concreta desa historia recente, a do exilio mexicano, onde Florencio Delgado Gurriarán e outras personalidades da diáspora mantiveron viva a lingua e a cultura galega con iniciativas como a revista Vieiros". O web engadirá en vindeiras datas novas actividades interactivas e unha sección que achegará outros contidos divulgativos sobre a lingua e a literatura galegas.
Pola súa banda, Galaxia presentou unha nova Antoloxía poética coa que dá por rematada a súa produción editorial arredor do autor. Débora Álvarez Moldes e Margarida Pizcueta Barreiro, asinan unha selección que xorde "pola necesidade de dar a coñecer un feixe de poemas, quizais os menos coñecidos, e non por iso menos importantes, do poeta de Córgomo". O volume repasa por orde cronolóxica material tirado tantos dos libros publicados por Florencio Delgado como composicións espalladas en diferentes publicacións, amosan as temáticas e correntes polas que transitou a súa obra.