A Primavera das Letras chama a representar nas aulas a vida de Del Riego

A obra As cousas de don Paco repasa a vida do homenaxeado no Día das Letras en tres actos

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
A Primavera das Letras chama a representar nas aulas a vida de Del Riego

O colexio Juan Rey de Lourenzá acolleu este 6 de marzo a presentación da Primavera das Letras. O espazo virtual que a Real Academia Galega dedica ao público infantil con ocasión do 17 de maio achega desta volta aos centros de ensino a obra teatral As cousas de don Paco.

Con esta proposta a RAG pretende que o alumnado lea e represente este texto dramático escrito por Eva Mejuto e ilustrado por Lucía Cobo. No mesmo as autoras repasan en tres actos a biografía de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado nesta edición.

Canda a isto, o web achega actividades interactivos para diferentes idades arredor do protagonista destas Letras Galegas que se irán ampliando ao longo dos vindeiros meses. Tamén conta con marcapáxinas e chapas descargables coa imaxe do autor, vídeos con entrevistas históricas ao mesmo e mais a curtametraxe Historia da nosa lingua guapa. Dentro das actividades para escolas RAG convocará ademais o certame Contádenos o voso Día das Letras, como cada ano.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Ensino, Eva Mejuto, Francisco Fernández del Riego...

Claves

Conceptos
Lugares