A RAG presenta o proxecto Primavera das Letras

A Academia achega recursos sobre Manuel María aos centros de ensino

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
A RAG presenta o proxecto Primavera das Letras

O CEIP Curros Enríquez da Coruña acollía esta mañá a presentación de Primavera das letras. Este novo proxecto da Real Academia Galega pretende facilitar a realización de actividades sobre Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras de 2016, nos centros de ensino de todo o país. Deste xeito, un web achega información e materiais e recursos didácticos a todos os profesores interesados non só sobre o autor senón tamén sobre a celebración. A intención da RAG con este proxecto é que a atención dos centros educativos a esta efeméride poida prolongarse alén do 17 de maio.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Ensino, Real Academia Galega

Claves

Protagonistas
Lugares