A Primavera das Letras dedicada a Antonio Fraguas comezou en Cotobade

A RAG presentou onte o seu programa didáctico de cara ao Día das Letras

1/3/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturapatrimonioDía das Letras Galegas 2019
33 lecturas | Compartido 0 veces

Retrato de Fraguas en Primavera das Letras

O CEIP de Carballedo, no concello de Cerdedo-Cotobade, acolleu onte a presentación de Primavera das Letras, o programa didáctico que a Real Academia Galega lle dedica ao homenaxeado co Día das Letras Galegas. O web desta iniciativa, xa dispoñible na rede, achega propostas para alumnado e profesorado de educación infantil e primaria sobre Antonio Fraguas, como unha biografía, fichas didácticas, xogos interactivos ou unha lista de recursos na rede sobre o autor. Ademais, e no marco desta iniciativa convócase un concurso para escolares de todo país narren o xeito no que celebran o Día das Letras.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados