A RAG inicia o Ano Fraguas coa publicación da biografía do homenaxeado

O web da institución acolle tamén un artigo do seu presidente sobre esta figura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Fotografía de Antón Fraguas na súa mocidade. Fonte: Museo do Pobo

Fotografía de Antón Fraguas na súa mocidade. Fonte: Museo do Pobo

Recén comezado 2019, o web da Real Academia Galega acaba de iniciar as publicacións que lle dedica a Antón Fraguas, autor homenaxeado este ano co Día das Letras. O académico correspondente Clodio González asina a biografía do intelectual nun espazo específico da web desta entidade no que se irán compilando artigos e novidades sobre a figura. Canda a este texto, que fai un detallado resumo da vida e obra do autor, Víctor F. Freixanes, presidente da RAG, publicou un artigo no que salienta as posibilidades que abre esta figura para se achegar á nosa cultura tradicional. "Cando estudemos a obra de Antonio Fraguas, as súas investigacións, os seus traballos, mesmo as iniciativas nas que participou ao longo da súa vida, visitaremos o tesouro inmenso da memoria de nós, as nosas tradicións, os nosos devanceiros, coma quen viaxa á raizame da estirpe".

A RAG adianta que a finais do inverno presentará o web didáctico Primavera das Letras sobre a figura e que o 17 de maio celebrará o seu plenario no concello de Cerdedo-Cotobade, terra de orixe de Fraguas.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Fraguas, Antón Fraguas, Real Academia Galega, Plenario...