A sede da Academia acollerá o simposio Díaz Castro

O encontro celébrase o vindeiro 11 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A sede da Academia acollerá o simposio Díaz Castro

Como feches dos actos de homenaxe a Xosé María Díaz Castro, autor ao que se lle dedicou este ano o Día das Letras, a Real Academia Galega organizou, como é habitual, un simposio sobre o autor. A sede da institución, na coruñesa Rúa Tabernas, acolle o vindeiro 11 de decembro este evento, no que se abordarán diferentes aspectos da vida e obra do poeta á luz das últimas investigacións. As reaccións da crítica, a pegada da paisaxe na obra do autor ou a súa relación coa transcendencia e a relixiosidade serán algúns dos temas que se tratarán da man de investigadores como Armando Requeixo, Carme Blanco, Luís González Tosar, Andrés Torres Queiruga, Afonso Blanco Torrado ou Xesús Alonso Montero entre outros.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé María Díaz Castro, Luís González Tosar, Andrés Torres Queiruga, Xesús Alonso Montero...