Tui acollerá en decembro o congreso Álvarez Blázquez

Culminará os actos de homenaxe ao autor homenaxeado no Día das Letras

13/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Real Academia Galega, en colaboración coa Consellaría de Cultura e o Concello de Tui organiza os vindeiros días 11, 12, e 13 de decembro o congreso Álvarez Blázquez. Este encontro, que quere culminar os actos de homenaxe que se lle fixeron este ano con motivo do Día das Letras reunirá algúns dos principais especialistas na figura deste autor e editor. Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Bragado ou Xosé Ramón Barreiro entre outros analizarán as diferentes vertentes da súa obra e traballo.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tui, Xosé Ramón Barreiro, Méndez Ferrín, Manuel Bragado...