Trives acolle o IV Congreso Manuel Luís Acuña

Celebraranse enre o 19 e o 21 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O IV Congreso Manuel Luís Acuña reunirá entre o 19 e o 21 de novembro en Trives algúns dos principais intelectuais do noso país. Méndez Ferrín, Xosé Ramón Barreiro ou Víctor Coyote son algúns dos que participarán nas xornadas dedicadas á figura deste mestre e xornalista republicano. Documentais, mesas redondas, conferencias sobre os tempos do franquismo e outras actividades conforman o programa. No mesmo tamén se inclúe unha conferencia homenaxe a Marcos Valcárcel, que impartirá o propio Xosé Ramón Barreiro.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Luís Acuña, Xosé Ramón Barreiro, Marcos Valcárcel, Méndez Ferrín...