A Real Academia escollerá presidente o vindeiro 23

A de Méndez Ferrín é a única candidatura que se presentou ata o momento

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O vindeiro sábado 23 de xaneiro, se nada se torce, a Real Academia terá novo presidente. Os membros esta institucións teñen programada para esa tarde unha sesión plenaria na que elixirán o substituto de Xosé Ramón Barreiro. O prazo de presentación de candidaturas remata o vindeiro día 21, e polo momento a única existente é a de Méndez Ferrín, que conta cos avais do propio Barreiro, de Xosé Luís Axeitos, arquiveiro da Academia, e mais do catedrático de Filoloxía Ramón Lorenzo. Malia ao aparente acordo na institución encol da proposta de Ferrín, o propio candidato comentaba hoxe nunha entrevista a La Opinión que, de xurdir outra iniciativa, podería retirar a súa candidatura para evitar enfrontamentos.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos, Xosé Ramón Barreiro, La Opinión