A Fundación Rosalía outórgalle a Rosa de Galicia a Xosé Ramón Barreiro

O recoñecemento póstumo valora o traballo do historiador e antigo presidente da RAG

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Entrega da Rosa de Galicia ao fillo de Xosé Ramón Barreiro. Fonte: Fundación Rosalía

Entrega da Rosa de Galicia ao fillo de Xosé Ramón Barreiro. Fonte: Fundación Rosalía

A Fundación Rosalía de Castro celebraba este sábado 17 os seus 50 anos de actividade na Casa da Matanza de Padrón. No marco desta conmemoración, a entidade outorgoulle de xeito póstumo o seu galardón Rosa de Galicia ao historiador e antigo presidente da Real Academia Galega Xosé Ramón Barreiro. O fillo de Barreiro, Álvaro, recolleu a insignia das mans do presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, nun acto no que o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín fixo unha laudatio do homenaxeado.

A Rosa de Galicia é unha insignia que concede a Fundación "a persoas ou institucións que se significaran na defensa da figura da escritora ou na promoción do legado rosaliano". Trátase dunha insignia de ouro con deseño de Pepe Barro.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Ramón Barreiro, Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Rosalía de Castro...