Anxo Angueira foi elixido novo presidente da Fundación Rosalía

Anunciou a súa intención de reorganizar a entidade e incrementar as súas actividades

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O plenario da Fundación Rosalía de Castro que se reuníu o pasado venres en Padrón elixiou a Anxo Angueira, único candidato, como novo presidente da entidade. Angueira, que accede ao posto logo da dimisión de Helena Villar, anunciou a súa intención de tirar a Fundación da crise na que se atopa. Entre outras liñas de goberno, apostará por integrar todo o padroado nas actividades do ente, así como en incrementar as actividades que se desenvolven na Casa-Museo da Matanza, que tentará integrar a súa programación na vila de Padarón. O novo presidente agarda tamén reorganizar as funcións administrativas da entidade e preparar para 2013 o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anxo Angueira, Helena Villar, Rosalía de Castro, Plenario...