Alboradas colectivas para celebrar a Rosalía de Castro

Preséntase o inicio dos actos de homenaxe á edición de Cantares Gallegos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
X. Henrique Costas, X.L. Méndez Ferrín, Anxo Angueira e Ovidio Giráldez

X. Henrique Costas, X.L. Méndez Ferrín, Anxo Angueira e Ovidio Giráldez

"Se entendemos a Galicia contemporánea como un proxecto cultural, ese proxecto comeza coa figura de Rosalía de Castro", afirmou hoxe á mañá Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, durante o acto de presentación da programación e iniciativas promovidas por esta entidade canda a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo para celebrar o 150 aniversario da edición en Vigo de Cantares gallegos. A Fundación, que estreou novo sitio web, detallou os actos que se celebrarán o 24 de febreiro, día do nacemento de Rosalía de Castro.

Alborada para Rosalía

En colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, a Fundación Rosalía de Castro fai un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia "para que nesa mañá dean unha alborada de glria en honra á poeta padronesa". Para iso, no web da Fundación habilitaron unha sección especial con materiais e referencias para poder interpretar a Alborada.

Angueira adiantou que a inauguración da reforma da Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, está prevista para decembro de 2013 e suporá unha renovación do proxecto museográfico e museolóxico ubicado na casa.

No acto, Angueira estivo acompañado por Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, Xosé Henrique Costas, vicerreitor da Universidade de Vigo e Olimpio Xiráldez, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Cantares Gallegos, Alborada, Fundación Rosalía de Castro...