As principais institucións culturais celebrarán os 150 anos de Cantares Gallegos

A Consellería de Cultura, a Fundación Rosalía, o Consello da Cultura, a RAG e a CRTVG participan no programa

6/3/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
1 lecturas | Compartido 0 veces

Logo das celebracións que encheron o noso país no Día de Rosalía (24 de febreiro) as principais institucións culturais galegas anunciaron hoxe a súa programación conxunta polos 150 anos da edición de Cantares Gallegos. A Consellería de Cultura e Educación, a Secretaría Xeral de Medios, a Fundación Rosalía de Castro, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Compañía da Radiotelevisión de Galicia participan dun amplo programa que inclúe eventos como a exposición No principio foi o verso. O cantar dos Cantares, un espectáculo de danza a cargo do Centro Coreográfico e a xira da obra Os cantares das musas de Sarabela Teatro comporán a parte escénicas das homenaxes. Ademais, un certame escolar, programas na TVG, un ciclo de cinema no CGAI ou unha acción musical na cidade da Cultura completan as propostas arredor da poeta.

Universo culturagalega.gal

13/06/2013

O home e a musa

Sarabela leva á escena dúas obras de Rosalía de Castro