Anxo Angueira recunca á fronte da Fundación Rosalía

O plenario da entidade reelixiuno para ocupar a presidencia durante catro anos máis

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Anxo Angueira. Fonte: Fundación Rosalía de Castro

Anxo Angueira. Fonte: Fundación Rosalía de Castro

Este mércores 22 de xaneiro o plenario da Fundación Rosalía de Castro reelixiu a Anxo Angueira Viturro como presidente da institución. Angueira recunca así para os vindeiros catro anos nun posto que ocupa desde 2012.

A reelección, que se deu por unanimidade e cunha soa candidatura presentada, inclúe unha directiva da que participan Ana Blanco como vicepresidenta; Xosé Carlos Beiró como secretario; Xosé García Lapido como tesoureiro; e como vogais Xosé Luís Axeitos, María López Sández e Chus Pato.

Ante a súa reelección, Angueira apuntou que "logo de renovar a Casa-Museo, o Auditorio e o Xardín, ademais de dinamizar a programación e modernizar o funcionamento da Fundación, o noso obxectivo dos vindeiros anos é potenciar a internacionalización da figura de Rosalía e acometer a reforma do antigo Centro de Estudos Rosalianos que está en situación de colapso".

Desde a súa elección, a Fundación incrementou notablemente a súa actividade, con iniciativas como o relanzamento do Día de Rosalía, a actividade Inchadiña Branca Vela, o festival Abride a Fiestra, a dixitalización e catalogación de fondos da entidade ou reformas na musealización da casa museo da autora, que pasou de 8.655 visitas ao ano a unha media de 20.000 cada doce meses.

Que che parece esta nova?
114 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anxo Angueira, Plenario, Rosalía de Castro, Fundación Rosalía de Castro...