Helena Villar dimite da presidencia da Fundación Rosalía de Castro

Presentará a súa renuncia no plenario da entidade o 12 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A escritora Helena Villar Janeiro renunciará á presidencia dunha das fundacións máis senlleiras do país, a de Rosalía de Castro, o vindeiro 12 de abril. Villar afirmou que a súa renuncia é, en realidade, un adianto de pouco máis dun ano do momento no que tería que abandonar a presidencia por estatutos. Durante a xuntanza do plenario do 12 de abril, Helena Villar lerá un informe sobre a súa xestión desde o 2005, canda outro do tesoureiro. A vicepresidenta, Ana Blanco, asumirá temporalmente a presidencia da entidade ata a convocatoria e celebración de eleccións.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Helena Villar, Rosalía de Castro, Plenario, Fundación Rosalía de Castro