A Fundación Rosalía de Castro elixe unha nova directiva con Helena Villar á fronte

Rosalía Nova

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Helena Villar substituirá o falecido Agustín Sixto Seco na presidencia da Fundación Rosalía de Castro. O pasado venres pola tarde o padroado desta institución elixía por unanimidade a escritora para este posto, logo dunha tensa xuntanza. Canda a ela, integrarán a nova directiva Xosé Luís Axeitos como secretario, Ana Blanco como vicepresidenta e Xusto Cortizo como tesoureiro. Canda a estes cargos, o padroado decidiu tamén outorgar a dirección da casa museo de Rosalía a Carlos Valle e deixar en mans de Xesús Alonso Montero a responsabilidade do Centro de Estudos Rosalianos.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Helena Villar, Fundación Rosalía de Castro, Xesús Alonso Montero...