A Fundación Rosalía de Castro busca financiamento para manter os proxectos da institución

Unha máquina de escribir para Rosalía

| Santiago. Redacción. | Seccións: Literatura
Compartir:
Non son bos tempos para a Fundación Rosalía de Castro e o Centro de Estudios Rosalianos, emprazados na casa-museo da escritora en Padrón. Problemas de financiamento fan que o programa da fundación estea reducido “ó mínimo” e o Presidente da Fundación, Agustín Sixto-Seco, fixo un chamamento para obter o apoio de institucións “oficiais e non oficiais” no transcurso da homenaxe realizada na Matanza no cabodano da morte da escritora. Alonso Montero solicitou para o Centro de Estudios Rosalianos “unha máquina de escribir e un ordenador”. Unha das apostas para conseguir recursos será unha antoloxía de Rosalía, preparada por Helena Villar e Xesús Rábade.

Máis información en O Correo Galego e en La Voz de Galicia ; contexto en Culturagalega.org

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Fundación Rosalía de Castro, Culturagalega, Helena Villar...