A Fundación Rosalía celebra en tres xornadas de actos o nacemento da poetisa

170 aniversario

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Un debate arredor do poema “A xustiza pola man”, escrito por Rosalía de Castro, abrirá este xoves os actos convocados pola fundación que vela polo legado da escritora. Canda a este, dous eventos máis servirán para festexar que se fan 170 anos do seu nacemento. Un deles consistirá nunha “festa de aniversario” no que os escolares levarán poemas e debuxos en honra de Rosalía. O outro será un acto literario no que tamén se lembrará ao anterior presidente da Fundación, Agustín Sixto Seco. Ademais, presentaranse a primeira edición do poema “Vente rapasa”, un estudio dirixido por Xesús Alonso Montero e un caderno gratuíto sobre a escritora editado pola Xunta.

Máis información en El País, no web da Fundación e sobre Rosalía de Castro neste sitio web

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Xesús Alonso Montero, El País, Fundación Rosalía de Castro