A Real Academia celebra mañá o seu plenario en Vigo

A entidade presentaba onte Valentín Paz-Andrade. Xornalista para un país, editado por La Voz de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un plenario extraordinario e público na sede da Fundación Barrié de Vigo será o acto co que a Real Academia Galega conmemorará mañá o Día das Letras 2012. Xavier Vence Deza, Manuel Rivas, Ramón Villares Paz, Xosé Ramón Barreiro e Xesús Alonso Montero intervirán nunha sesión que comezará ás 12 horas e que fechará o presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín. Representantes da RAG participarán tamén ás 11 horas na inauguración dunha placa en homenaxe a Valentín Paz Andrade no Edificio Sanchón (R/ Policarpo Sanz, 22)e mais no acto oficial da Xunta de Galicia no CIFP Valentín Paz-Andrade da mesma cidade, a partir das 13:30 horas.

A entidade presentaba onte na súa sede da Coruña Valentín Paz-Andrade. Xornalista para un país, obra publicada por La Voz de Galicia na que se repasa a produción do autor neste campo. A obra conta cunha introdución de Xosé Luís Axeitos e Tucho Calvo e porase á venda mañá acompañando o xornal por un euro.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito