A Real Academia presenta o Boletín dedicado a Álvarez Blázquez

Tui acolleu onte o lanzamento do número 369 da publicación

2/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O presidente da Real Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín visitaba onte Tui para presentar o número 369 do Boletín da institución que preside. Desta volta, a publicación céntrase na figura de Xosé María Álvarez Blázquez, que foi homenaxeado no Dias das Letras Galegas de 2008. O volume recolle as actas do congreso que naquel ano se lle dedicara a esta figura. De xeito curioso, a finais do pasado mes de decembro a Academia presentara o número 370 desta mesma publicación, dedicado a Ramón Piñeiro.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tui, Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María Álvarez, Ramón Piñeiro...