A Real Academia inicia o Ano Pereiro coa presentación do seu boletín

O volume foi editado en colaboración coa Deputación de Lugo e está centrado en Ramón Piñeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Logo dun ano sen saír á luz por problemas económicos,o Boletín da Real Academia (RAG) chegaba onte ao seu número 370. A publicación, editada co apoio da Deputación de Lugo, centra as súas páxinas na figura de Ramón Piñeiro. O acto de presentación, na Cidade da Muralla, serviulle á Academia para dar a saída aos actos do ano dedicado a Lois Pereiro. Unha intervención de Antón Patiño sobre a figura do vindeiro homenaxeado no Día das Letras e mais unha lectura de poemas de Pereiro a cargo de Darío Xohán Cabana e Manuel Rivas, que tamén lembrou a súa amizade co autor, serviron como inicio das actividades dedicadas ao poeta monfortino.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Deputación de Lugo, Antón Patiño, Darío Xohán Cabana...