Aberta a inscrición para Congreso Lois Pereiro que comeza o vindeiro xoves

A falta de información sobre o evento provocou malestar en diferentes sectores da cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cartel do Congreso Lois Pereiro

Cartel do Congreso Lois Pereiro

O web da Real Academia Galega publicaba esta mañá, logo de que se filtrase na rede ao longo da fin de semana, o programa do Congreso que lle dedica a Lois Pereiro, homenaxeado no Día das Letras deste ano. O anuncio realízase a só catro días comezo do evento, que se celebrará na Cidade da Cultura ata o vindeiro 17 de decembro. Pere Gimferrer será o responsable de abrir as xornadas cunha intervención sobre a dimensión europea do poeta monfortino. Antón Lopo, María do Cebreiro, Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Chus Pato, Luz Pozo ou Daniel Salgado son algúns dos relatores que abordarán a figura do homenaxeado.

Desde a filtración do programa, foron diferentes voces do ámbito da cultura, como o xornalista e autor da biografía de Pereiro, Iago Martínez, Santiago Jaureguizar ou Marcos Calveiro, reflexionan, con diferentes grados de malestar, sobre a tardanza en o comunicar e o xeito de organizar o evento.

A inscrición ao congreso é de balde e está aberta no mail secretaria@realacademiagalega.org para os cen primeiros interesados.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pereiro, María do Cebreiro, Daniel Salgado, Xosé Manuel Pereiro...