Quiosco: Boletín da Real Academia Galega, 371

O volume céntrase no congreso e no Día das Letras dedicados a Uxío novoneyra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Capa do Boletín da Real Academia Galega 371

Capa do Boletín da Real Academia Galega 371

Aínda que con data de 2010, acaba de ver a luz o número 371 do Boletín da Real Academia Galega. A publicación céntrase na figura de Uxío Novoneyra e recolle relatorios e conferencias que fixeron parte do congreso dedicado ao poeta en 2011. Canda isto, no volume poden lerse os discursos que sobre Novoneyra deron Manuel Rivas, Margarida Ledo, Darío Xohán Cabana e Manuel González con ocasión do Día das Letras. Artigos de investigación de Carlos Búa, Rosario Álvarez e Xosé Luís Rodríguez Montederramo e mais de I. Félix Neira completan os contidos da entrega, que se pode consultar de xeito íntegro no web da RAG.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Uxío Novoneyra, Manuel Rivas, Darío Xohán Cabana...