Comeza o congreso que fecha o Ano Novoneyra

O encontro celébrase ata o vindeiro día 19 na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A relación de Novoneyra coa paisaxe, os seus primeiros libros, a presenza do cancioneiro tradicional na súa obra, a lingua literaria do courelao ou a súa estancia en Madrid son algunhas das cuestións que se tratarán no Congreso Uxío Novoneyra. O encontro, que transcorre desde hoxe na sede da Real Academia na Coruña e remata sábado no paraninfo da Universidade, fecha as celebracións que se lle dedican ao poeta con motivo do Día das Letras Galegas 2010. Canda ás diferentes conferencias e coloquios, o programa inclúe tamén recitais poéticos.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Uxío Novoneyra, Paisaxe, Cancioneiro...