A RAG pechará o ano Novoneyra en febreiro por mor da actitude da consellaría de Cultura

Fai parte do programa de actividades do Día das Letras Galegas de 2010

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas 2010
Compartir:

Do 17 ao 19 de febreiro o salón de actos da Real Academia Galega acollerá o último dos actos previstos no marco das actividades do Día das Letras Galegas de 2010. Será o tradicional congreso que aborda aspectos da biografía e da obra do homenaxeado, neste caso de Uxío Novoneyra. A cita adiouse porque, segundo publica o xornal Galicia Hoxe, pola falta de apoio da consellaría de Cultura que, despois de varias trabas ao programa e orzamento, decidiu non implicarse na súa celebración. A correspondencia entre Novoneyra e Valente e un recital poético son algunhas das actividades previstas no marco deste congreso.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Uxío Novoneyra, Real Academia Galega, Galicia Hoxe...